lunes, 31 de mayo de 2010

PAZO DO HORREO... ¡TEMOS UN PROBLEMA!

DECRETO
View more documents from Bergantera.


O E.N.D.L. (Equipo de normalización e Dinamización Lingüística) do C.E.I.P. Bergantiños ven de publicar non seu blog esta reflexión sobre o que lle vai supor o “Decretazo” a comunidade escolar (a “toda a comunidade” docentes e non docentes). E dicir un enxambre de problemas que van ter difícil solución, e que van desde o enfrentamento de dúas linguas ata dificultades de encaixe estrutural nos centros de ensíno.
Para garantir iso que os ideólogos do decreto eufemísticamente chaman Libertade Lingüística (e digo eufemísticamente porque nunca sei de certo que siginificado ten a palabra Libertade para os dirixentes do PP) non se lle ocorre outra que determinar o idioma nai no que se van a introducir os nenos no ensino cunha consulta “As Familias” e aquí é onde vai a xerarse o primeiro dos conflitos, porque estes ideólogos do PP seguen a pensar nún concepto de familia único que hoxe non se da. Poderíamos facer un exercicio de imaxinación e ver a divorciados rencorosos pondo na papeleta de consulta cada un o contrario do outro, ou as cinco familias que levan o “Bazar Chinés” (hoxe vai de eufemismos) do barrio pondo “Chinés Mandarín” ou “Cantonés” segundo lles cadre nas papeletas, ou as familias islámicas pondo na papeleta “Alá é grande e vainos librar desta”.
Bromas aparte e independentemente dá idoneidade (ou legalidade) de que sexamos os pais os que nos teñamos que comer a decisión de determinar dende a Educación Infantil o itinerario lingüístico de cada centro (¡manda carallo! ou se se prefire ¡Manda güevos!), eu pregúntome, que vai pasar co idioma que quede en minoría? Como se vai a garantir esa presunta igualdade ou, dito de xeito profesional, a competencia nas dúas linguas oficiais? E aquí é onde aparece o problema fundamental deste decreto: a súa ambigüidade, o non dar resposta clara a nada. Eles dín igualdade para as dúas linguas oficiais e despois lávanse as mans e tiran esa auga suxa aos equipos directivos e consellos escolares obrigándolles a elaborar un Proxecto Lingüístico de Centro que ten que garantir esa igualdade e, parafraseando a Fraga, se non queren ser iguais obrigarlle a selo. Miña Nai! a de encaixes de palillos que van ter que facer, iso se non se declaran en rebeldía que é o que compría. Pero o dá rebeldía dos equipos directivos dos centros públicos de ensino e outro cantar (ou quimera) do que xa falarei noutra ocasión.
E ben certo que isto de garantir o biligüismo era unha dás tremendas promesas que ían no programa electoral do PP polo que non podemos dicir que fose unha sorpresa. Quizais por iso o decreto sexa tan chapuceiro, polas presas e porque había que darlle satisfacción ao sector máis duro dá dereita do PP (cuxa cabeza visible é Galicia Bilingüe).
Sen imersión lingüística no ensino e na contorna socio-económico-cultural o Galego ten os días contados, e esta sorte de esquizofrenia idiomática que é este decreto vai ser a puntilla. Pero van ter que escoller unha puntilla ben longa para poder chegar ao corazón dos que amamos o Galego.

P.S. E o camiño faise andando. Como vedes este blogue apátrida está escrito en castelán porque a vanidade (e unha certa diarrea mental, hai que dicilo todo) levoume a pensar que ía ser lido Urbi et orbe, ainda que a verdade é que a miña formación academica e social foi totalmente en castelán e recoñezo que o meu bilingüísmo ten un desequilibrio: escora cara o castelán. Imos arranxar iso reorientando este blogue para compensar esa lamentable deriva. Imos darlle un novo senso o concepto apátrida cún compromiso máis claro coa lingua e a cultura galegas. Vémonos. Ah! e grazas ao E.N.D.L. do C.E.I.P. Bergantiños por esta proposta visualmente tan clara.