jueves, 24 de octubre de 2013

DE CANDO DEGUSTEI UNHA CONFERENCIA





Sempre que me invitan ou decido ir a unha conferencia tomo unha distancia prudente para non implicarme emocionalmente e así poder adoptar unha posición obxetiva, de tal xeito que despois sexa quen de facer unha crítica analítica do que fun a escoitar e de cómo o contaron. Pero eso foi de todo imposible na conferencia de Xosé Antonio López Silva a que puiden asistir onte. E digo que foi imposible esa distancia por dous motivos esenciais, o primeiro porque ainda que non coñecía persoalmente a Xosé Antonio a miña obxetividade estaba xa contaminada polo feixe de antecedentes da súa pasión pola literatura que me viñan dunha boa amiga sua e que non é outra que a miña dona Cristina. O outro motivo era o propio tema da conferencia que co título “Unha cea para Picasso. Paris, cociñas e vangardas” propuña unha viaxe ao extraordinario e convulso primeiro tercio do século XX, porque alí, no París daqueles anos viviu unha parella de mulleres que foron a punta de lanza da rompedora vangarda artística que irrumpiu con forza para se quedar e propoñer os camiños do que hoxe coñecemos como arte contemporáneo. Estas dúas mulleres chamábanse Gertrude Stein e Alice B. Toklas.

Xosé Antonio non nos contou a historia destas duas mulleres senon que levounos da man nun percorrido emocional e conmovedor pola vida destas duas mulleres que viviron xuntas dende o primeiro día que se coñeceron en París ata a morte de Gertrude en 1946. Pasaron polas dúas grandes guerras mundiales, recibiron na súa casa parisina a escritores, pintores, músicos. Mattise, Picasso, Joan Gris, Thornton Wilder, Hemingway, Stravinsky, Cole Porter e un largo etcétera de artistas das vangardas de principio do século XX comeron os platos preparados por Alice. E é aquí onde habita a sorpresa desta conferencia, a de coñecer a historia emocional destas dúas mulleres ao través do libro de memorias que Alice escribiú entreverado das receitas que preparaba nas veladas de Paris e de ter a oportunidade de probar algúns deses pratos en directo mentres Xosé Antonio pintábanos todo ese mundo fascinante de arte, amor e compromiso social. 

Tamén decir que Xosé Antonio é o responsable da traducción de este libro de Alice Toklas ao castelán. Na cabeceira tendes a foto do mesmo.


Grazas Xose Antonio pola tua pasión e por compartila con nos. 

Un pracer.



O libro na sua primeira edición.





O menú por suposto




Os pratos... no seu orde...








As dúas protagonistas... Por suposto Alice nun segundo plano...




E como remate a música que penso podería ir ben...