Levo moito tempo sen escribir unha palabra. Foi máis dún
ano, tempo que dediquei a vivir e disfrutar dos moitos rutinarios excesos da
miña rutinaria vida. E mentres eu, por resumir, andaba a non facer nada foi
crecendo este tempo convulso que case que todo o mundo teima en chamar crise económica
pero que a min antóllaseme unha crise do ser humán como concepto, esto é: o ser humán non é nin máis nin menos que un
erro da natureza.
Xa fai algun tempo falaba disto nunha entrada neste mesmo
blogue que titulei El Creyente.
Alí falaba do ser humán e da relixión (en xeral) e desta última como xeneradora
de violencia naquel por dúas vías: primeira como consecuencia do conflicto non
arranxado entre intelixencia, razón e fe e segunda como resultante lóxico da
súa esencia excluinte.
E decía que son un ateo non converso, é decir nacín sin fe.
Isto, que por un lado axudoume a solucionar o conflico razón-fe, por outro
trouxo a miña vida constantes avatares e problemas e non so cos católicos senón
cos evanxelistas, mormons, nenos de Xesús, testigos de Jehova, budistas zen e
ata cos agnósticos, porque se algo teñen en común todas estas sectas e que o
enemigo somos os ateos, e combátennos alí onde nos topan.
E isto último é o que me trouxo a sair do meu acolledor
retiro e voltar aquí hoxe para denunciar a tremenda inxustiza do proceso
a Javier Krahe. É absurdo pero comprensible que a Igrexa Católica a través
da Fundación Tomás Moro exerza esta
especie de moderna inquisición a todo aquelo que cheire a ateo -por certo hai
que ver a de testaferros que ten a Igrexa- o problema é que os xuices postúlanse
coma instrumentos activos desa persecución admitindo a trámite este tipo de
denuncias que atentan non so contra un dereito civil fundamental, a liberdade
de expresión e de creación, senón contra algo quizáis máis importante, a nosa necesidade
vital, coma cidadans dún estado laico, de criticar ou por en evidencia a unha
institución que exerce o seu poder dende unha posición de privilexio cunha
constante, incansable, absoluta e agobiante presenza na nosa vida, na nosa
escola pública, nas nosas institucions politicas e sociais e, neste caso como
podemos ver, no poder xudicial.
E estamos comezando a estar fartos de que certas institucions
–ou máis ben os seus privilexios- sexan intocables como a monarquia, a igrexa,
a banca ou o poder xudicial. Esta presunta crise económica está sacando a luz a
implacable codicia de todos eles que sin o máis mínimo sentido do pudor teiman
en socializar as perdas para seguir enriquecéndose sen control expoliando onde
xa cada vez hai menos.
Recoméndovos a lectura do artigo de Miguel Tomás y Valiente no pais. Podedes topalo pinchando aquí.
E por último deixovos de seguido o “corpo do delito” un
corto de menos de un minuto feito en 1978. O dito, estamos tolos e o carallo.
E un extra track de regaliño.
1 comentario:
Meu caro Apatrida: semella que todo ten un orden incluso no desorden e que todo ten o seu porque ainda que as veces non nos decatemos. Recen chegado dun pequeno periplo por terras occitanas, onde o mundo se chama Carcassone, e de empaparme das historias do exterminio dos cataros, atopome con esta nova mostra de intolerancia retroactiva. En fin, grazas a elo podo disfrutar outra vez das tuas verbas, irman. A ver para cando esa aperta diante dunhas cañas...
Publicar un comentario