Sempre que me invitan ou decido ir a unha conferencia tomo unha
distancia prudente para non implicarme emocionalmente e así poder adoptar unha
posición obxetiva, de tal xeito que despois sexa quen de facer unha crítica
analítica do que fun a escoitar e de cómo o contaron. Pero eso foi de todo imposible
na conferencia de Xosé Antonio López Silva a que puiden asistir onte. E digo
que foi imposible esa distancia por dous motivos esenciais, o primeiro porque
ainda que non coñecía persoalmente a Xosé Antonio a miña obxetividade estaba xa contaminada polo feixe de antecedentes da súa pasión pola literatura que me viñan
dunha boa amiga sua e que non é outra que a miña dona Cristina. O outro motivo
era o propio tema da conferencia que co título “Unha cea para Picasso. Paris,
cociñas e vangardas” propuña unha viaxe ao extraordinario e convulso primeiro
tercio do século XX, porque alí, no París daqueles anos viviu unha parella de
mulleres que foron a punta de lanza da rompedora vangarda artística que
irrumpiu con forza para se quedar e propoñer os camiños do que hoxe coñecemos
como arte contemporáneo. Estas dúas mulleres chamábanse Gertrude Stein e Alice
B. Toklas.
Xosé Antonio non nos contou a historia destas duas mulleres
senon que levounos da man nun percorrido emocional e conmovedor pola vida
destas duas mulleres que viviron xuntas dende o primeiro día que se coñeceron
en París ata a morte de Gertrude en 1946. Pasaron polas dúas grandes guerras
mundiales, recibiron na súa casa parisina a escritores, pintores, músicos.
Mattise, Picasso, Joan Gris, Thornton
Wilder, Hemingway,
Stravinsky, Cole Porter e un largo etcétera de artistas das vangardas de
principio do século XX comeron os platos preparados por Alice. E é aquí onde
habita a sorpresa desta conferencia, a de coñecer a historia emocional destas
dúas mulleres ao través do libro de memorias que Alice escribiú entreverado das
receitas que preparaba nas veladas de Paris e de ter a oportunidade de probar algúns
deses pratos en directo mentres Xosé Antonio pintábanos todo ese mundo
fascinante de arte, amor e compromiso social.
Tamén decir que Xosé Antonio é o
responsable da traducción de este libro de Alice Toklas ao castelán. Na cabeceira tendes a foto do mesmo.
Grazas Xose Antonio pola tua pasión e por compartila con
nos.
Un pracer.
O libro na sua primeira edición.
O menú por suposto
Os pratos... no seu orde...
As dúas protagonistas... Por suposto Alice nun segundo plano...
E como remate a música que penso podería ir ben...
1 comentario:
Apetecible conferencia sen dubida... a gastronomía e a literatura son dúas das aficións que partillamos, aínda que eu as teña algo abandonadas por outros menesteres, máis escoitandote e lendote describir con tanta paixón sobre a historia destas mulleres dame ganas de retomar as dúas... Agora ben, antes teño que rematar unha ducia de lecturas pendentes... Apertas, mestre.
Publicar un comentario