jueves, 3 de junio de 2010

MEDO E ODIO


O máis grande poeta palestino Mahmoud Derwish dixo:

“FAI ANOS QUE A MIÑA NACIÓN É SÓ LINGUAXE”

Hoxe máis que nunca as súas palabras son as armas que brotan do corazón de Gaza e de cada palestino preso e amortaxado na súa propia terra e condenado á súa sorte e ao seu odio ….

SEN NOME, NIN IDENTIDADE,
NUN CHAN QUE ALIMENTO COAS miñas MANS
HOXE JOB CHOROU, ENCHENDO O CEO
¡NON FAGAN DO meu UN EXEMPLO POR SEGUNDA VEZ!
¡Os meus MESTRES! ¡Os meus MESTRES, Os PROFETAS!
NON LLE PREGUNTEN as ÁRBORES O NOME DELA
NON LLE PREGUNTEN Aos VALES SOBRE A súa NAI
DESDE A miña FRONTE EXPLOTA A ESPADA DE LUZ
E DA miña MAN FLÚEN VERTENTES QUE ALIMENTAN RÍOS
TODOS Os CORAZÓNS DA XENTE SON A miña IDENTIDADE
ASÍ QUE LÉVENSE O meu PASAPORTE!

Odio co que os nenos acariñan as pedras que logo viaxan para se desfacer no ferro do medo, no medo de ferro…




“Un neno
Escrebe nunha parede
E florece lume entre os seus dedos.
tende conta cascos blancos, cun neno
Entre cuxos dedos florece o lume,
Cun neno que escrebe nunha parede
E escrebe unhas cantas pedras,
Unhas cantas árbores
E uns cantos poemas.”

Letra: Mahmoud Derwish / Música: Marcel Khalife / Voz: Oumayma El-Khalil / No disco City of Walls de Paul Mounsey.

O paraiso mexou pola comunidade internacional e quixo chegar a praia onde o odio florece nos ollos dos nenos, porque o odio ten fame, porque o odio anda perdido polas rúas ocioso, porque O ODIO anda na procura do futuro rañando na traxedia.

Non chegaron os barcos a praia. Nin o paraiso. O medo matounos.

Israel ten medo. Palestina ten medo e odio. O qué é peor?

Queremos que acabe o bloqueo xa, queremos dialogo e paz e queremos ver un estado Palestino libre que poida construir o seu futuro.

Pero non hai peor cego que o que non quere ver.


No hay comentarios: